Thursday 02 de May de 2024

O Partido Popular de Arzúa organiza o mitin comarcal das Eleccións Xerais este luns, na Casa da Cultura / Conservatorio de Arzúa, ás 20:30h.


• Participarán Rafael Rivadulla, Ánxeles Vázquez e Diego Calvo

O Partido Popular de Arzúa convoca á asistencia da veciñanza do concello e concellos da contorna este luns, ao mitin comarcal do Partido Popular, dentro dos actos de campaña das Eleccións Xerais do 23 de xullo.
Celebrarase na Casa da Cultura / Conservatorio de Música (Rúa Santiago, 60, Arzúa) ás 20:30 horas, e no mesmo participarán:
• Rafael Rivadulla: Candidato suplente nº4 ao Congreso e Voceiro do PP de Arzúa
• Ánxeles Vázquez: Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Voceira provincial do PP
• Diego Calvo: Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Presidente provincial do PP
É un acto de apoio á candidatura de Alberto Núñez Feijóo e que rematará antes do debate electoral televisado Feijóo-Sánchez.